دانلود کتاب Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias
by Eva Gugenberger, Henrique Monteagudo, Gabriel Rei-Doval
|
عنوان فارسی: Contacto د linguas, hibrididade تغییر: زمینه فرآیندها و پیامدهای |
دانلود کتاب
جزییات کتاب
As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica.
Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.